martes, 13 de diciembre de 2011

CUN SOMBREIRO DE PALLA

A nosa aportación a esta época do Nadal é esta panxoliña, pero aínda hai máis no apartado de CONMEMORACIÓNS (NADAL). Non  deixedes de visitalo e investigar que máis recursos tedes neste apartado.

viernes, 4 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O venres 11 de novembro celebraremos O MAGOSTO

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas e o noso centro quere festexala como se merece (asando e comendo castañas todos xuntos).
Tede en conta que a palabra magosto designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión.
Lembrade que cada nen@ traerá un puñado de castañas cortadas para asar e una bebida (que non teña envase de vidro).
Ademais, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que poida, traerá para face-lo lume: leña, carozos, paos, piñas,…
Unha cantiga típica do magosto é a de Non chas quero, non chas quero e aí tedes uns versos da mesma
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que cheiran ao chamosco.
Deixámovos con dúas cancións relacionadas co magosto. Para velas e escoitalas, so tedes que picar no título da canción.

lunes, 24 de octubre de 2011

martes, 11 de octubre de 2011

NOVOS CAMIÑOS DE APRENDIZAXE

O CEIP Xosé Fernández López, no seu empeño por seguir estando á última nos avances tecnolóxicos comeza a achegar os recursos aos pais e nais, profesores e profesoras e, por suposto, aos nosos nenos e nenas.

O noso lema de centro vai sempre encamiñado a conseguir QUE O MAÑÁ SEMPRE SEXA HOXE NO FERNÁNDEZ LÓPEZ

Aínda está en preparación, pero queremos que xa o empecedes a coñecer e a disfrutar.
Xogando tamén podemos aprender.

Benvidos aos Blogues do Centro.

Un saúdo dos profesores e profesoras do CEIP Xosé Fernández López